Un certame que premia a creatividade, a cultura e o impacto das iniciativas dixitais que dan vida á Estrada.
Brands Joined
Sales Growth
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus luctus neculam
Lorem ipsum dolor sit amet, consectet adipisc elit. Ut elit tellus luctus neculam dolore
Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit. Ut elit tellus luctus neculam
Sales Growth
Engagement
Os Premios Rebumbio nacen na Estrada en 2025. Impulsados pola axencia Actual Comunicación, estes galardóns buscan recoñecer e premiar o labor comunicativo dixital daqueles individuos, colectivos, empresas ou entidades que, a través dos seus proxectos e iniciativas, contribúen de maneira significativa á mellora, promoción e difusión da comunicación da Estrada, con especial énfase no ámbito local, a cultura e a identidade do municipio.
A segunda edición deste certame terá lugar na Estrada o 16 de abril no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (Mome). Nesta edición, establécense un total de 8 categorías:
Un xurado profesional escollerá aos premiados en cada unha das categorías, agás no caso de «Estradense do ano das redes» e «Momento Rebumbio do ano», que serán escollidos polo público e pola axencia organizadora do certame, respectivamente.
Os Premios Rebumbio nacen na Estrada en 2025 impulsados pola axencia Actual Comunicación para recoñecer o talento e a creatividade na comunicación dixital local. Estes galardóns destacan proxectos e iniciativas que contribúen a promover a cultura, a identidade e a actividade social no municipio.









Este recoñecemento premia aquel momento, acontecemento ou situación vivida no Concello da Estrada que conseguise xerar unha especial repercusión social, entusiasmo e participación cidadá. Ten como obxectivo pór en valor eses instantes únicos que fixeron "rebumbio", xa sexa polo seu carácter emotivo, divertido, sorprendente ou pola súa capacidade para unir á veciñanza. Valorarase o impacto na comunidade, a súa difusión, o sentimento de orgullo colectivo xerado e a lembranza que deixou na vida social do concello.

Este recoñecemento distingue á persoa, colectivo ou entidade da Estrada que destaque polo seu uso das redes sociais como ferramenta de comunicación, difusión e promoción positiva do concello. Ten como finalidade pór en valor a creatividade, a constancia e a capacidade para xerar contidos de interese que visibilicen a vida social, cultural, deportiva ou económica local. Valorarase especialmente o impacto e o alcance das publicacións, a orixinalidade dos contidos, a interacción coa comunidade e a transmisión de valores positivos e de identidade estradense no ámbito dixital. Este galardón premia a aquelas persoas, entidades ou iniciativas que, a través do seu labor comunicativo, contribuísen de maneira destacada a dar a coñecer, promover e poñer en valor a vida, as tradicións, a cultura e a identidade da Estrada. Valorarase a calidade, creatividade e alcance das accións realizadas, así como o seu impacto na proxección positiva do municipio.

Categoría na que se premiará o correcto emprego do idioma galego como lingua de comunicación no espazo dixital. Este galardón recoñece a persoas, colectivos, empresas ou entidades que destacan polo seu compromiso coa promoción e o uso da lingua galega no ámbito da comunicación. Valorarase a creatividade, calidade e efectividade dos seus proxectos ou iniciativas que contribúan á normalización e visibilización do galego como vehículo de expresión e cultura.

Categoríana que se premiará o emprego do humor como recurso comunicativo. Esta categoría premia ás persoas, colectivos ou iniciativas que destacasen pola súa creatividade e talento no ámbito do humor, utilizando a comunicación como ferramenta para entreter, conectar e provocar sorrisos. Valorarase especialmente a orixinalidade, a conexión co público e o uso do humor como medio para transmitir mensaxes con impacto positivo.

Este premio recoñece a empresas, emprendedores ou profesionais que destacasen pola súa estratexia en redes sociais para promocionar o seu negocio na Estrada. Valorarase a creatividade, calidade dos contidos, interacción coa comunidade e o impacto positivo na visibilidade e crecemento do negocio local.

Este premio recoñece a comunicación levada a cabo no eido deportivo do Concello da Estrada coa intención de pór en valor a difusión da vida deportiva local. Valorarase o achegamento da actividade deportiva ao público, con especial fincapé na transmisión de valores deportivos.

Este galardón ten por obxectivo distinguir a mellor proposta educativa desenvolvida no Concello da Estrada, aquela que destaque pola súa calidade, innovación e impacto positivo na comunidade. Ten como obxectivo pór en valor aquelas iniciativas que contribúan ao desenvolvemento persoal e académico, fomenten a aprendizaxe activa e inclusiva e promovan valores como o respecto, a igualdade, a cooperación e o pensamento crítico. Valorarase especialmente a súa capacidade para achegar a educación á cidadanía e xerar un impacto duradeiro no contorno social.

Este premio distingue a iniciativa cultural impulsada no Concello da Estrada que sobresaia pola súa creatividade, orixinalidade e contribución á dinamización cultural local. Pretende pór en valor aquelas accións que fomenten a participación cidadá, a difusión da cultura e a posta en valor do patrimonio cultural, material e inmaterial. Valorarase o seu impacto na vida cultural do concello, así como a capacidade para achegar a cultura a públicos diversos e promover a identidade cultural local.
A segunda edición dos Premios Rebumbio celebrarase o 16 de abril no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME). Un evento que reunirá proxectos, iniciativas e persoas que destacan pola súa comunicación dixital e pola súa contribución á cultura e identidade da Estrada.
16 de abril de 2025
Museo do Moble e da Madeira da Estrada
Entrega dos premios Rebumbio
Un xurado profesional seleccionará os gañadores na maioría das categorías. A categoría Estradense do ano das redes será decidida polo público, mentres que Momento Rebumbio do ano será escollido pola organización do certame.
Lorem ipsum dolor sit amet, consec adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore
Lorem ipsum dolor sit amet, consec adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore
Lorem ipsum dolor sit amet, consec adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore
Lorem ipsum dolor sit amet, consec adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore
O II Certame da Comunicación Dixital Local (Premios Rebumbio) ten como obxectivo recoñecer e premiar o labor daqueles individuos, colectivos, empresas ou entidades que, a través dos seus proxectos e iniciativas, contribúen de maneira significatica á mellora, promoción e difusión da comunicación na Estrada, con especial énfase no ámbito local, a cultura e a identidade do municipio.
Os premios divídense nas seguintes categorías:
Poderán optar aos premios:
O xurado estará composto por tres persoas expertas do ámbito da comunicación, que serán responsables de seleccionar, entre os finalistas, o gañador de cada categoría. O xurado valorará a creatividade, impacto, relevancia, orixinalidade e calidade das candidaturas, de acordo cos criterios establecidos para cada categoría.
A decisión do xurado será inapelable.
O xurado seleccionará aos finalistas de cada categoría, agás na correspondente a «Momento Rebumbio do ano», cuxo ganador/a escollerá a entidade organizadora dos premios, e «Estradense do ano das redes», correspondente ao público. Os gañadores serán anunciados nunha cerimonia de entrega de premios que terá lugar o 16 de abril de 2026 na Estrada. O número de finalistas por categoría será dun total de tres candidatos.
Cada categoría contará cun único gañador que recibirá un trofeo conmemorativo e unha mención especial na cerimonia de entrega de premios.




