Os Premios Rebumbio nacen na Estrada en 2025 impulsados pola axencia Actual Comunicación co obxectivo de recoñecer o talento e a creatividade na comunicación dixital local. Estes galardóns distinguen a persoas, colectivos, empresas e entidades que, a través das súas iniciativas, contribúen á promoción da cultura, da identidade e da vida social do municipio.
Premian iniciativas que destacan pola súa comunicación en redes e medios dixitais.
Valoran proxectos que difunden a cultura e a realidade da Estrada.
Recoñecen o uso da lingua galega como ferramenta de comunicación.
Cada categoría recoñece proxectos e iniciativas que destacan pola súa comunicación e impacto na comunidade estradense.
Cada categoría recoñece proxectos e iniciativas que destacan pola súa comunicación e impacto na comunidade estradense.







A segunda edición dos Premios Rebumbio celebrarase o 16 de abril de 2026 no Museo do Moble e da Madeira da Estrada (MOME). A gala reunirá persoas, proxectos e iniciativas que destacan pola súa creatividade e impacto na comunicación dixital local.
16 de abril de 2026
Museo do Moble e da Madeira da Estrada
Entrega dos Premios Rebumbio
A continuación recóllense as bases que regulan a participación e funcionamento do II Certame da Comunicación Dixital Local – Premios Rebumbio.
O Certame da Comunicación Dixital Local (Premio Rebumbio) ten como finalidade recoñecer o labor de individuos, colectivos, empresas ou entidades que, a través dos seus proxectos e iniciativas, contribúan á mellora, promoción e difusión da comunicación na Estrada, con especial atención á cultura, á identidade local e á dinamización social do municipio.
O II Certame da Comunicación Dixital Local (Premio Rebumbio) ten como obxectivo recoñecer e premiar o labor daqueles individuos, colectivos, empresas ou entidades que, a través dos seus proxectos e iniciativas, contribúen de maneira significativa á mellora, promoción e difusión da comunicación na Estrada, con especial énfase no ámbito local, a cultura e a identidade do municipio.
Os premios divídense nas seguintes categorías:
Os premios establécense nas seguintes categorías:
Poderán optar aos premios:
A decisión do xurado será inapelable.
O xurado estará composto por tres persoas expertas no ámbito da comunicación, que serán responsables de seleccionar, entre os finalistas, o gañador de cada categoría.
A decisión do xurado será inapelable.
O xurado seleccionará aos finalistas de cada categoría, agás na correspondente a «Momento Rebumbio do ano», cuxo ganador/a escollerá a entidade organizadora dos premios, e «Estradense do ano das redes», correspondente ao público. Os gañadores serán anunciados nunha cerimonia de entrega de premios que terá lugar o 16 de abril de 2026 na Estrada. O número de finalistas por categoría será dun total de tres candidatos.
Cada categoría contará cun único gañador que recibirá un trofeo conmemorativo e unha mención especial na cerimonia de entrega de premios.
Cada categoría contará cun único gañador que recibirá:
Este recoñecemento premia aquel momento, acontecemento ou situación vivida no Concello da Estrada que conseguise xerar unha especial repercusión social, entusiasmo e participación cidadá. Ten como obxectivo pór en valor eses instantes únicos que fixeron «rebumbio», xa sexa polo seu carácter emotivo, divertido, sorprendente ou pola súa difusión, o sentimento de orgullo colectivo xerado e a lembranza que deixou na vida social do concello.
Este recoñecemento distingue á persoa, colectivo ou entidade da Estrada que destaque polo seu uso das redes sociais como ferramenta de comunicación, difusión e promoción positiva do concello. Ten como finalidade pór en valor a creatividade, a constancia e a capacidade para xerar contidos de interese que visibilicen a vida social, cultural, deportiva ou económica local. Valorarase especialmento o impacto e o alcance das publicacións, a orixinalidade dos contidos, a interacción coa comunidade e a transmisión de valores positivos e de identidade estradense no ámbito dixital. Este galardón premia a aquelas persoas, entidades ou iniciativas que, a través do seu labor comunicativo, contribuísen de maneira destacada a dar a coñecer, promover e poñer en valor a vida, as tradicións, a cultura e a identidade da Estrada. Valorarase a calidade, creatividade e alcance das accións realizadas, así como o seu impacto na proxección positiva do municipio.
Categoría na que se premiará o correcto emprego do idioma galego como lingua de comunicación no espazo dixital. Este galardón recoñece a persoas, colectivos, empresas ou entidades que destacan polo seu compromiso coa promoción e o uso da lingua galega no ámbito da comunicación. Valorarase a creatividade, calidade e efectividade dos seus proxectos ou iniciativas que contribúan á normalización e visibilización do galego como vehículo de expresión e cultura.
Categoría na que se premiará o emprego do humor como recurso comunicativo. Esta categoría premia ás persoas, colectivos ou iniciativas que destacasen pola súa creatividade e talento no ámbito do humor, utilizando a comunicación como ferramenta para entreter, conectar e provocar sorrisos. Valorarase especialmente a orixinalidade, a conexión co público e o uso do humor como medio para transmitir mensaxes con impacto positivo.
Este premio recoñece a empresas, emprendedores ou profesionais que destacasen pola súa estratexia en redes sociais para promocionar o seu negocio na Estrada. Valorarase a creatividade, calidade dos contidos, interacción coa comunidade e o impacto positivo na visibilidade e crecemento do negocio local.
Este premio recoñece a comunicación levada a cabo no eido deportivo do Concello da Estrada coa intención de pór en valor a difusión da vida deportiva local. Valorarase o achegamento da actividade deportiva ao público, con especial fincapé na transmisión de valores deportivos.
Este galardón ten por obxecto distinguir a mellor proposta educativa desenvolvida no Concello da Estrada, aquela que destaque pola súa calidade, innovacción e impacto positivo na comunidade. Ten como obxectivo pór en valor aquelas iniciativas que contribúan ao desenvolvemento persoal e académico, fomenten a aprendizaxe activa e inclusiva e promovan valores como o respecto, a igualdade, a cooperación e o pensamento crítico. Valorarase especialmente a súa capacidade para achegar a educación á cidadanía e xerar un impacto duradeiro no contorno social.
Este premio distingue a iniciativa cultural impulsada no Concello da Estrada que sobresaia pola súa creatividade, orixinalidade e contribución á dinamización cultural local. Pretende pór en valor aquelas accións que fomenten a participación cidadá, a difusión da cultura e a posta en valor do patrimonio cultural, material e inmaterial. Valorarase o seu impacto na vida cultural do concello, así como a capacidade para achegar a cultura a públicos diversos e promover a identidade cultural local.
Asociación dos propietarios de bares e restaurantes de A Estrada, dedicada a promocionar a gastronomía e o sector hostaleiro local. Entre as súas actividades destaca a organización de eventos de tapeo e festas gastronómicas. Organizan xornadas de tapeo como as "Santas Tapas".
ONG con máis de 30 anos de traxectoria que apoia persoas con Alzhéimer/demencia e ás súas familias en todo Galicia. Desenvolven proxectos de estimulación cognitiva, prevención e sensibilización e xestionan centros de día. Estimulan a sociedade sobre o impacto da enfermidade, mobilizando voluntarios e recadando fondos para proxectos solidarios.
Asociación xuvenil estradense enfocada na inclusión social de persoas con discapacidade física e na creación de alternativas de lecer saudable para a mocidade. Promoven a igualdade de oportunidades e a interxeracionalidade a través de proxectos educativos e deportivos. Empoderan aos mozos como axentes de cambio social (con concursos, club de lectura, etc.).
Conta de Instagram e activismo de Cristina Porta, muller estradense e nai dun neno con múltiples alerxias. Delegada en Galicia da asociación AEPNAA, traballa na visibilización, educación e defensa dos dereitos de persoas con alerxias alimentarias. A través da súa plataforma comparte experiencias diarias das alerxias, informando e apoiando familias.
O ciclo formativo de Carpintaría e Moble do IES Antón Losada proporciona formación profesional práctica no oficio de carpinteiro e ebanista, promovendo tanto a formación técnica como proxectos creativos locais. Difunden proxectos dos estudantes, mostrando o traballo coa madeira, motivando ao alumnado e encargándose de proxectos reais. Para iso, dándolle voz aos alumnos, que se converten en protagonistas dos contidos.
Servizo local de emerxencias baseado en voluntarios de Protección Civil. Encárganse de atención inmediata ante incendios, accidentes de tráfico e outras crisis locais, así como de campañas de prevención e información (meteorolóxica, seguranza viaria, etc.). Utilizan redes sociais para avisos de perigo e consellos preventivos. Informan de cortes, consellos de seguridade e actividades formativas, mantendo á poboación prevenida.
Asociación cultural de xente nova que agrupa músicos, artistas e creadores da Estrada. Buscan promover a cultura local organizando concertos, jam sessions e laboratorios de experimentación escénica. Defenden o papel da arte como motor de cambio social e queren implicar aos mozos na vida cultural da vila.